Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2001 pola que se somete a información pública o proxecto sectorial Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campolameiro, Pontevedra), declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de xullo de 2001.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión do día 26 de xullo de 2001 declara-lo proxecto sectorial Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campolameiro, Pontevedra) como de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 25.3º da citada lei e no artigo 13.2º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, a teor dos que os plans ou proxectos que o Consello da Xunta declare como de incidencia supramunicipal someteranse por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais dos de maior circulación na Comunidade Autónoma, e audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto

RESOLVO:

Someter a información pública o proxecto sectorial Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (Campola

meiro, Pontevedra) declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de xullo de 2001, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados disporán do prazo dun mes para examina-lo citado proxecto sectorial na Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e para presenta-las alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo