Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.670

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/162-2, 5507 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Chao e Folgosa. Santa Cecilia.

Situación: Foz.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV con orixe na L.M.T. Raúlfe e remate na C.T. de Folgosa en Al-56 de 5 m de lonxitude. L.M.T. a 20 kV con orixe na L.M.T. Teixeira e remate no C.T. de Chao en Al-56 de 55 m de lonxitude. C.T. de Folgosa de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. de Chao de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. sobre apoios de formigón e fachadas de 5.865 m de lonxitude.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Lugo, 2 de xullo de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo