Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.669

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/203).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Udesa.

Domicilio social: r/ Madrid, 1 (As Fontiñas), 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación: L.M.T. e CC.TT. en Millán e Corna.

Situación: Boqueixón.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 10/20 kV de 1.628 m de lonxitude en conductor LA-30, que parte da L.M.T. Prevediños a empalme de Vilar e final no C.T. Corna, 2 C.T. de 50 kVA aéreos en Millán e Corna. Concellos de Touro e Boqueixón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 5 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña