Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Venres, 31 de agosto de 2001 Páx. 11.642

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xullo de 2001 pola que se fai pública a validación do curso de especialidade en lingua galega.

A Orde do 26 de novembro de 1993 (DOG do 23 de decembro), no seu artigo 2 establece que se lles validará o curso de especialidade en lingua galega ós licenciados en filoloxía e ós diplomados en EXB, polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que estean en posesión dos certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas.

Polo anteriormente exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concede-la validación do curso de especialidade en lingua galega ás persoas que se relacionan a seguir, por reuniren os requisitos establecidos no artigo 2 da Orde de 26 de novembro de 1993:

Mª Begoña Fernández Pardo, DNI 36049336.

Ana Isabel Ayán Macía, DNI 36080514.

María Castro Padín, DNI 32814931.

Beatriz Pardo Vila, DNI 34974362.

Matías Rodríguez de la Torre, DNI 44075856.

José Luis García Rodríguez, DNI 76572270.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expedirálle-los correspondentes diplomas.

Disposición derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria