Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión de data 29 de xuño de 2001, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación da obra iluminación pública en Freixo, Escanlar, Balsa, Outonín, Bustofrío, Sancobade e Viladecastro, o que se expón ó público na secretaría do concello polo prazo de 10 días para que poidan presentarse reclamacións, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra mediante concurso aberto, ben que no suposto de presentárense reclamacións contra o prego, o concurso se adiará ata seren resoltas pola propia corporación.

Tipo de licitación: 7.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Garantías: provisoria o 2% do tipo de licitación e definitiva o 4% do importe de adxudicacióin.

Proposicións: presentaranse no rexistro do concello durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia. Os criterios de valoración e a documentación para participar no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás doce horas do primeiro día hábil seguinte (agás sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Samos.

Teléfono: 982 54 60 02. Fax: 982 54 61 22.

Samos, 5 de xullo de 2001.

O alcalde

Rubricado