Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2001 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da cesión de uso dos locais do Centro Municipal de Iniciativas Empresariais de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra.

a) Órgano de contratación: alcalde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Promoción Económica.

2. Obxecto do contrato: cesión de uso dos seis locais do Centro Municipal de Iniciativas Empresariais de Pontevedra, as persoas, físicas ou xurídicas, que desexen inicia-lo exercicio dunha actividade empresarial ou profesional en Pontevedra, outorgándolle prioridade ós proxectos que incidan en actividades económicas novidosas que incorporen novas fontes ou xacigos de emprego e a aqueles proxectos presentados por emprendedores cunha titulación recente que tentan aplicar a un proxecto empresarial.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Prazo do contrato: os prezos públicos establecidos na Ordenanza municipal reguladora da percepción deles pola autorización das instalacións e servicios do Centro Municipal de Iniciativas Empresariais, publicada no BOP nº 26, do 21 de maio de 2001.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: dúas mensualidades da renda.

(Despacho sinxelo: 20.000 pesetas.

Despacho dobre: 40.000 pesetas.

Despacho compartido: 14.000 pesetas).

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Centro Municipal de Iniciativas Empresariais, rúa Santa Clara, nº 4, 36002 Pontevedra. Telf.: 986 84 85 52. Fax: 986 84 80 29.

b) Data límite: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación de propostas: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Documentación: cláusula 7ª do prego.

8. Apertura de ofertas: pola mesa de contratación o segundo día hábil seguinte ó da finalización do prazo sinalado para a presentación de proposicións.

9. Criterios de selección: cláusula 10ª do prego.

Pontevedra, 10 de xullo de 2001.

Miguel A. Fernández Lores

Alcalde

Adolfo Castro Pérez

Secretario xeral