Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/12-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º ofic. 2, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. e C.T. O Barreiro.

Situación: Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15/20 kV, de 64 m de lonxitude, cun apoio metálico e outro de formigón, desde a L.M.T. ó C.T. Salceda-Igrexa ata o C.T. que se proxecta no Barreiro, no concello de Salceda de Caselas. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 15/20 kV-230/398 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 7 de maio de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra