Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para dotación de servicios especializados de soporte, monitorización e configuración de electrónica de comunicacións para os centros dependentes do Servicio Galego de Saúde (S-376/2001).

I. Obxecto e orzamento: contratación de servicios especializados de soporte, monitorización e configuración de electrónica de comunicacións para os centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, por un importe máximo de trinta e nove millóns cento noventa e nove mil seiscentas pesetas (39.199.600 pesetas (IVE incluído), equivalentes a 235.594,34 euros.

2. Solvencia económica, financeira e técnica: ver epígrafe 17 da cara exterior do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Clasificación económica: grupo: III, Subgrupo: 3, Categoría: D.

4. Prazo de execución: dende a sinatura do contrato ata o 31-12-2001.

5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables dende as 9 ata as 14 horas (www.sergas.es).

6. Garantías: non se requiren.

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Criterios de adxudicación: ver epígrafe 12 da cara exterior do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/ Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio Administrativo San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día habil.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos