A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no parágrafo i) do artigo 7 da Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público, da adquisición de reactivos e demais subministracións necesarias para a realización de probas analíticas para a unidade de Coagulación do servicio de laboratorio do centro.
Obxecto e orzamento.
A adquisición de reactivos e demais subministracións necesarias para a realización de probas analíticas para a unidade de Coagulación do servicio de laboratorio de HCV, por un orzamento máximo de 22.500.000 pesetas (135.227,72 euros) IVE incluído.
Prazo de entrega.
O material obxecto do presente concurso público deberá ser entregado mediante entregas periódicas segundo as necesidades comunicadas polo servicio de laboratorio do centro.
Prazo de execución.
A execución do contrato: tres anos contados desde a súa formalización.
Documentos de interese para os licitadores.
O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitadas no Departamento de Contratación do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa, nº 50, do Barco de Valdeorras (código postal 32300). Teléfono: 988 33 90 61.
Garantías.
Deberá consignarse unha garantía provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de catrocentas cincuenta mil pesetas (450.000 pesetas-2.704,55 euros), e unha garantía definitiva do 4% do orzamento de adxudicación. Estas garantías constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e
36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño (BOE nº 148, do 21 de xuño) texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Solvencia económica e financeira.
Acreditarase por calquera dos medios, polo menos un, dos sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000.
Solvencia técnica.
Acreditarase por calquera dos medios, polo menos un, dos sinalados no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000.
Clasificación.
Non se precisa.
Criterios de adxudicación.
-Prezo: ata 40 puntos.
-Calidade: ata 30 puntos.
-Solución técnica que supoña unha mellora na prestación do servicio: ata 20 puntos.
-Dispoñibilidade de EAN 128 e EDI: ata 10 puntos.
Admisión de variantes.
Non se admite a presentación de variantes.
Presentación de proposicións.
As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Departamento de Contratación do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día.
Apertura de proposicións.
A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras, o décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores.
Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
Anuncios.
Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.
O Barco de Valdeorras, 27 de xullo de 2001.
Luis A. González Rodríguez
Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras
do Barco de Valdeorras