Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/194-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modif. I ret. L.M.T. rúa Ponte do Xubia.

Situación: Narón.

Descricións técnicas: (modificado I) liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 270 m de lonxitude entre apoios en inmediacións da rúa Ponte do Xubia, na liña aérea denominada Cornido-Piñeiro. Narón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 27 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña