Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de xullo de 2001, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00033-O-2001 e dous máis).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós/ás denunciados/as, cos datos e último enderezo coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste e lles sirva de notificación, ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 13 de xullo de 2001.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-00033-O-2001

M-1295-MF

G.C. de Tráfico

Eulogio C. Sartier Martínez

Rúa dos Santos Mourente, 5

36161 Mourente, Santa María de Fóra (Pontevedra)

Circular transportando embutidos, non tendo realizado o visado da tarxeta no prazo determinado pola Administración. Servicio público.

10-1-2001; 10.35.35; C-531; 38,200

Art. 90 da Lei 16/1987 e

art. 41 do R.D. 1211/1990

Art. 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

50.000 ptas.

300,51 euros

PO-00175-O-2001

OR-0128-L

G.C. de Tráfico

Roberto Taboada Ribero

Avda. de Santiago, 64-2

32001 Ourense

Circular transportando 4 cociñas de butano e dous frigoríficos en servicio público (xa que non acredita a titularidade da mercadoría) carecendo do correspondente título habilitante (tarxeta de transporte). Carece de distintivo algún. Servicio público.

22-1-2001; 17.45; N-525; 311

Art. 90 da Lei 16/1987 e

art. 41 do R.D. 1211/1990

Art. 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

50.000 ptas.

300,51 euros

PO-02936-O-2000

PO-8998-AS

G.C. de Tráfico

Alfonso Álvarez Pedrales

Atios-Eidos, 43

36418 O Porriño (Pontevedra)

Circular cun vehículo efectuando un transporte de mercadorías perecedoiras (peixe conxelado), carecendo do certificado para o transporte das ditas mercadorías. Efectuar unha conducción con disco diagrama de data anterior ó do día da data constando día 12-11-2000, solicitado disco diagrama do día anterior presenta disco de data 10-11-2000 e cerre de 12-11-2000, observándose montaxe de rexistro no dito disco, sendo a súa lectura na montaxe ilexible. Servicio público.Art. 141,q) da Lei

16/1987 e art. 198,r)

do R.D. 1211/1990.

Art. 142,1) da Lei

16/1987 e art. 199,m)

do R.D. 1211/1990

Art. 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

270.000 ptas.

1.622,73 euros