Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de xullo de 2001, do recadador de zona da Coruña, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra os debedores que se sinalan (García Ponte, Carmen Flora e catorce máis).

O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona da Coruña, por medio do presente anuncio fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra o/s debedor/es que se sinalan na lista que se xunta. Nos devanditos expedientes foi dictada a dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non puido ser notificada ós interesados malia ós intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV - título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Do presente embargo tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación coa advertencia de que os interesados poderán presentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano, de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos dous recursos.

A Coruña, 6 de xullo de 2001.

Nazario Villalva

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData dilixenciaDescrición do ben

García Ponte, Carmen Flora26-7-2001Usufructo predio 6762 Rexistro Ordes

García Ponte, José26-7-2001Usufructo predio 8335 Rexistro Ordes

García Ponte, María26-7-2001Usufructo predio 7987 Rexistro Ordes

García Ponte, María26-7-2001Usufructo predio 8337 Rexistro Ordes.

García Ponte, María26-7-2001Usufructo predio 8339 Rexistro Ordes

García Sánchez, José María26-7-2001Usufructo predio 8335 Rexistro Ordes

García Sánchez, Elena26-7-2001Usufructo predio 2445 Rexistro Ordes

García Sánchez, José María76505428-E26-7-2001Predio nº 6760 Rexistro Ordes

García Sánchez, José María76505428-E26-7-2001Usufructo predio 2445 Rexistro Ordes

García Sánchez, José María76505428-E26-7-2001Usufructo predio 6762 Rexistro Ordes

García Sánchez, José María76505428-E26-7-2001Usufructo predio 7987 Rexistro Ordes

García Sánchez, José María76505428-E26-7-2001Usufructo predio 8337 Rexistro Ordes

García Sánchez, José María76505428-E26-7-2001Usufructo predio 8339 Rexistro Ordes.

Iglesias Recouso, Jesús26-7-2001Usufructo predio 8339 Rexistro Ordes

Recouso Iglesias, Jesús26-7-2001Usufructo predio 7987 Rexistro Ordes