Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.532

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA COMARCA DE VERÍN

EDICTO sobre a convocatoria de concurso para a concesión dos servicios mancomunados de recollida de residuos sólidos urbanos e recollida selectiva monomaterial de papel-cartón dos concellos integrados na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín. b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría. c) Número de expediente: 43/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación, en réxime de xestión indirecta mediante concesión administrativa de servicios públicos, dos servicios municipais mancomunados de recollida de residuos sólidos urbanos e recollida selectiva monomaterial de papel-cartón correspondente ós concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós, integrados na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

b) Lugar: concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Verín e Vilardevós, integrados na Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

c) Prazo da concesión: quince anos (prorrogables).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Canon anual da concesión: 42.868.400 pesetas/ano (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 100.000 pesetas.

Definitiva: 1.000.000 de pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín.

b) Domicilio: praza do concello, 1.

c) Localidade e código postal: Verín, 32600.

d) Teléfono: 988 41 46 00.

e) Fax: 988 41 19 00.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o trixésimo día natural (30 días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos do contratista.

Non se esixen.

8. Presentación das proposicións:

a) Data límite de presentación: o trixésimo día natural (30 días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se coincidise con sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das que se concorra á contratación da concesión convocada, presentaranse conforme o establecido na cláusula novena das administrativas particulares que rexen a contratación da concesión.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata o asinamento do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados na base décimo primeira da contratación.

b) Aprobación do expediente de contratación: asemblea 27-7-2001.

c) Consulta de documentación: secretaría da mancomunidade.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Verín, 31 de xullo de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Presidente da Mancomunidade de Municipios

da Comarca de Verín