Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.529

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 21 de xuño de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización esquina rúa Ponte de Xubia

coa estrada de Castela, redactado polos arquitectos Julio Otero Cruz e Juan Tejedor Gómez e promovido por Umbra 99, S.L.

Exponse ó público polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ó abeiro do previsto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia.

O expediente estará á disposición de calquera que desexe examinalo na Unidade de Obras, Urbanismo e Servicios, para formula-las alegacións que considere pertinentes.

Narón, 5 de xullo de 2001.

Xoán Gato Díaz

Alcalde