Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de agosto de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/340).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VI do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública por petición da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avda. de Arteixo, 171.

Denominación: LAT 66 kV alimentación subestación de Eirís.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas:

Obxecto: alimenta-la subestación de Eirís con dúas liñas a 66 kV nomeadas Sabón-Eirís 1 e Mesón-Eirís 2, modificando as actuais liñas existentes tal e como se describe a continuación:

-Liña Sabón-Eirís 1, con orixe na liña A Grela-Sabón apoio 3 bis (expediente 10167) e final na liña A Grela-Eirís-Fertiberia apoio 2 bis (expediente 29143).

-Liña Mesón-Eirís 2 con orixe na liña A Grela-Mesón apoio 301 bis (expediente 27570) e final na liña A Grela-Eirís-Fertiberia apoio 2 bis (expediente 29143).

-Liña subterránea dobre circuíto con orixe no apoio nº 7 bis da liña A Grela-Eirís-Fertiberia (expediente 29143) e final no apoio nº 1 de Eirís con tramo aéreo a subestación de Eirís.

-Liña subterránea simple circuíto con orixe no apoio nº 4 bis da liña A Grela-Eirís (expediente 29143) e final no apoio nº 8 bis da mentada liña. Liña subterránea desde o apoio nº 3 desta liña ata a subestación de Eirís.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071-A Coruña, no prazo de vinte día, a partir da última publicación.

A Coruña, 20 de agosto de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións