Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.520

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 291/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, nº 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T., C.T. Ligunde.

Situación: Camariñas.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoio de formigón e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x95) mm Al, para paso aéreo-subterráneo de 4 m de lonxitude, con orixe na liña DOR-Camariñas e final en C.T.C. pé de poste de Ligunde, que se vai instalar. Centro de transformación, en caseta prefabricada de formigón, de 160 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Ligunde. Concello de Camariñas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña