Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 13 de xullo de 2001, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-02234-S-2000 e tres máis).

Pola presente cédula, notifícanselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que lles asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferen

cia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e sirva de notificación ós/ás denunciados/as, de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, citada anteriormente expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra, 13 de xullo de 2001.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-02234-S-2000

PO-2140-AB

G.C. de Tráfico

Benito Otero Fernández

Pontellas Arrotea, s/n

36400 O Porriño (Pontevedra)

Circular con mercadorías perecedoiras tendo o certificado do isotermo caducado (presenta último certificado de mercadorías perecedoiras caducado con data 10-9-2000), transportaba 4.180 kg de queixo en crema. O denunciado manifesta que o citado certificado o ten na xestoría.

6-10-2000; 11.15; C-531; 16

Art. 7 do R.D. 237/2000, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE nº 65, do 16 de marzo)Art. 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

150,25 euros

PO-02235-O-2000

PO-5820-AK

G.C. de Tráfico

Cubiertas de Cobre, S.L.

Carapucha (Matama), 73-baixo

36213 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando recortes de cobre, carecendo da correspondente autorización de transportes.

8-9-2000; 18.30; N-552; 2

Art. 103 da Lei 16/1987 e art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

150,25 euros

PO-02688-O-2000

PO-6261-AU

G.C. de Tráfico

A.D.E. Sistemas de Aluminio Vigo, S.L.

Coruña, 48

36211 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando diversos utensilios de traballo sen ter presentado ó visado correspondente á tarxeta de transportes. Servicio privado.

25-10-2000; 11.40; PO-330; 4

Art. 103 da Lei 16/1987 e art. 158 do R.D. 1211/1990Art. 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

150,25 euros

PO-03289-O-2000

PO-7879-BT

G.C. de Tráfico

María Aurora González Martínez

Avda. de Solla, 11-3º C

36690 Pontevedra

Circular transportando peixes e mariscos en isotermo carecendo do distintivo traseiro da autorización de transportes. Servicio privado complementario.

29-12-2000; 8.45; N-640; 150

O.M. do 25 de outubro de 1990 (BOE do 30)Art. 143 da Lei

16/1987, 201 do

R.D. 1211/1990

5.000 ptas.

30,05 euros