Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2001 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación da contratación do servicio de xestión da rede de telefonía de voz e datos da Xunta de Galicia.

Por resolucións do secretario xeral, actuando no nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 22 de febreiro de 1999, resolveu adxudica-lo seguiente contrato:

-Contratación do servicio de xestión da rede de telefonía de voz e datos da Xunta de Galicia, convocada mediante concurso público por procedemento aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 23 de abril de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 4 de maio do presente ano.

Adxudicatario: Unisys España, S.A.

Importe: 58.812.000 pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería

da Presidencia e Administración Pública