Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 28 de agosto de 2001 Páx. 11.517

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO 1º)

EDICTO (A1/2001).

En execución do acordado polo conselleiro de Contas do Departamento Primeiro da Sección de Axuizamento do Tribunal de Contas, en virtude do proveído do 25 de xuño de 2001, dictado nestas actuacións, o letrado secretario destas fai saber que neste tribunal se segue xuízo de contas número 1/2001, do ramo de corporacións locais, provincia de Ourense, en virtude dos prexuízos que puidese experimenta-lo Concello do Bolo (Ourense), de resultas do posible pagamento duplicado de tres certificacións de obras expedidas a favor da mercantil Garnelo y Bello, S.L., e posteriormente endosadas ó Banco Pastor, S.A., por un total de 7.211.436 pesetas, en concepto de principal e xuros.

O que se comunica coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade poidan comparecer nos autos, dentro do prazo de nove días.

En Madrid, 25 de xuño de 2001.

O letrado secretario

Rubricado