Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.452

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MARS MANTENIMIENTO, RECUPERACIÓN E SERVICIOS, S.C.L.

ANUNCIO.

A sociedade cooperativa MARS, Mantenimiento, Recuperación e Servicios, S.C.L. comunica por medio deste anuncio e en cumprimento do artigo 74 da Lei de cooperativas de Galicia que, en asemblea xeral extraordinaria, o día 30 de abril de 2001, se acordou, por unanimidade:

-Aprobar unha nova redacción de estatutos co fin de adaptarse á Ley 5/1998, de cooperativas de Galicia.

-Cambia-lo domicilio social da cooperativa, que se establece na rúa Maceiras, nº 13-baixo de Vigo.

-Amplia-las actividades que constitúen o obxecto social da cooperativa, pasando a ser estas as de:

-Recuperación, conservación e mantemento do patrimonio histórico.

-Pequenos traballos de construcción.

-Reformas de inmobles e locais comerciais.

-Acabamento de edificios e obras.

Vigo, 30 de maio de 2001.

Arturo Lago González

Administrador