Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2001, da Presidencia do Organismo Autónomo Municipal Vigo Zoo, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, mediante concurso, para a construcción da segunda fase do peche perimetral e eliminación de barreiras arquitectónicas no Organismo Autónomo Municipal Vigo Zoo.

Advertido erro no anuncio de licitación arriba referido, procede efectua-la seguinte corrección:

Punto 7.-Requisitos específicos do contratista.

Onde di: «Non se esixe clasificación», debe dicir: «grupo C, subgrupo 2) e 5), categoría d) como mínimo».

Por recollelo así o prego de cláusulas administrativas particulares no número VIII.

Como consecuencia da anterior corrección, ábrese un novo prazo de 13 días hábiles a partir da publicación deste anuncio no último dos diarios oficiais, BOP e DOG, para que os licitadores que se presentaron a concurso acheguen en sobre pechado co mesmo título que presentaron a clasificación esixida, se non o fixesen xa. Así mesmo, os que non conten con ela poderán retira-la súa oferta se o consideran oportuno.

No prazo que se abre calquera licitador poderá presenta-las súas ofertas. A apertura das ofertas atrásase conseguintemente ó martes seguinte a aquel en que venza este novo prazo.

Vigo, 13 de agosto de 2001.

Amador Fernández Fernández

Presidente de Vigo Zoo