Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PÁRAMO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Páramo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a subministración dun tractor e accesorios e dunha brozadora para limpeza viaria.

b) Prazo de entrega: un mes desde a adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Tipo de licitación.

Tractor e accesorios: 6.160.000 pesetas, IVE incluído.

Brozadora: 2.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento de contrata.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello do Páramo, A Torre nº 1, 27363-O Páramo. Teléfono e fax: 982 53 91 56.

7. Requisitos específicos do contratista: os esixidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: 15 días naturais, a partir do seguinte ó da última publicación no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar: Concello do Páramo, A Torre1, 27363-O Páramo (Lugo).

9. Apertura de ofertas: ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, no salón de sesións da casa do concello.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Páramo, 29 de xuño de 2001.

Gumersindo A. Rodríguez Liz

Alcalde-presidente