1. Obxecto e orzamento: contratación dunha consultoría e asistencia para o aseguramento da calidade nos procedementos informáticos do Centro de Soporte Técnico pertencente ó Servicio de Informática Área Asistencial do Servicio Galego de Saúde, por un importe máximo de corenta millóns trescentas quince mil setecentas trinta e dúas pesetas (40.315.732 pesetas, IVE incluído), equivalentes a 242.302,43 euros.
2. Solvencia económica, financieira e técnica: ver punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
3. Prazo de execución: 1 ano desde a sinatura do contrato.
4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas (www.sergas.es).
5. Garantías: non se esixen.
6. Admisión de variantes: non se admiten.
7. Criterios de adxudicación: ver apartado 12 da da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/ Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático á norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día habil.
10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2001.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Dirección xeral da División de Recursos Económicos