Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se adxudica o concurso público 8/2001, asistencia técnica de protección radiolóxica e radiofísica no ámbito de radiodiagnóstico deste complexo hospitalario.

Convocado o concurso público nº 8/2001 para a contratación da asistencia técnica de protección radiolóxica e radiofísica no ámbito de radiodiagnóstico do Complexo Hospitalario de Ourense, e á vista das actuacións practicadas de conformidade coa lexislación vixente, esta xerencia xeral, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo único, alínea i) da Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais,

modificada pola do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio),

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudica-la contratación da asistencia técnica de protección radiolóxica e radiofísica no ámbito de radiodiagnóstico do Complexo Hospitalario de Ourense, de acordo coa proposta da mesa de contratación efectuada en sesión celebrada o 28 de maio de 2001, a:

Empresa: Xpert, S.C.; NIF: G-15518830; domicilio: Costa Rica, 5-25º, B, 15004 A Coruña.

Segundo.-O importe do contrato é de vinteún millóns cincocentas trece mil cento vinte pesetas (21.513.120 pesetas) (129.296,46 euros), IVE incluído, para o período total da súa execución.

Terceiro.-A vixencia do contrato fíxase por un período de 2 anos, contados desde a data da súa sinatura.

Cuarto.-Previamente á formalización do contrato, a empresa adxudicataria desta asistencia técnica está obrigada a constituír unha fianza definitiva do 4% do importe de adxudicación, así como ó resto das obrigas, na forma e contía sinaladas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexeron neste concurso.

Ourense, 3 de xullo de 2001.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense