Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.432

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de xuño de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 182/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., Casa do Conde.

Situación: Vilarmaior.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea núa a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,025 km, coa orixe no apoio s/n da liña 4 de subestación Eume, entre C.T. Doroña (expediente 27972) e C.T. Silvar, conductor tipo LA 56/54,6 mm e final no C.T. proxectado Casa do Conde.

Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 kV. Concello de Vilarmaior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de xuño de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña