Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.427

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2001 pola que se integra un funcionario do corpo de mestres de taller da Escola Superior da Mariña Civil desta universidade no corpo de profesores titulares de escola universitaria.

A Lei 55/1999, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social (BOE nº 312, do 30 de decembro), no seu artigo 35 dispón o seguinte:

«Os funcionarios do corpo de mestres de taller ou laboratorio e capataces de escolas técnicas, declarado a extinguir pola disposición transitoria quinta da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, quedan integrados nas súas propias prazas e realizando as mesmas funcións que veñen desenvolvendo, dentro do corpo de profesores titulares de escolas universitarias, sempre que posúan as condicións de titulación esixidas para accederen a el. Os que non se integren neste último corpo, permanecerán no de orixe, sen prexuízo do seu dereito a se integrar no de profesores titulares de escolas universitarias sempre que, no prazo de cinco anos desde a entrada en vigor desta lei, reúnan as devanditas condicións de titulación. En todo caso, os trienios e dereitos pasivos devengaranse no grupo de adscrición en que se prestasen os servicios».

En consecuencia, de acordo co establecido no dito artigo e no uso das atribucións que me confire a Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e o artigo 65 dos Estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto da Xunta de Galicia 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17) e modificados polo Decreto 245/1998, do 30 de xullo (DOG do 28 de agosto), resolvo o seguinte:

Queda integrado, con efectos do 1 de xaneiro de 2000, no corpo de profesores titulares de escola universitaria, por estar en posesión da titulación esixida para acceder a el, o funcionario do corpo de mestres de taller, a extinguir, Antonio López Alonso, con destino na Escola Superior da Mariña Civil desta universidade.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ó da súa publicación no BOE, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este rectorado no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

A Coruña, 6 de xullo de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña