Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO de licitación de concurso aberto da consultoría e asistencia técnica para a redacción do proxecto técnico do Plan parcial SUPP C-1 e C-2 en Cabo de Cruz.

Aprobados inicialmente pola Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 6 de agosto de 2001, os pregos de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán o concurso aberto para a adxudicación do contrato de consultoría e asistencia técnica para a redacción do proxecto técnico do Plan parcial SUPP C-1 e C-2 en Cabo de Cruz, e en cumprimento do disposto no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, sométese o expediente a información pública durante o prazo de 8 días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no BOP, para os efectos de presentación de reclamacións.

Do mesmo modo, a Comisión Municipal de Goberno, na citada sesión do 6 de agosto de 2001, acordou inicia-lo expediente de licitación con tramitación urxente para a adxudicación da redacción do proxecto técnico do Plan parcial SUPP C-1 e C-2 en Cabo de Cruz antes citada, coa excepción do disposto no artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, de que no caso de que se formulen reclamacións contra a aprobación inicial dos mencionados pregos, será aprazada a presente licitación.

O prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerá esta contratación, de modo resumido, establece o seguinte:

1. Proxecto: redacción do proxecto técnico do Plan parcial SUPP C-1 e C-2 en Cabo de Cruz.

2. Tipo de licitación: 5.143.034 pesetas (30.910,26 euros).

3. Aplicación orzamentaria: 432.227.06.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6-7. Lugar e prazo de presentación de ofertas: no rexistro xeral do Concello de Boiro durante o prazo de 13 días naturais a partir da publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG, de 9 a 13 horas.

8. Garantía provisional: 102.861 pesetas (618.21 euros).

9. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

10. Taxas do contrato: non.

11. Apertura de propostas: terá lugar na casa do concello ás dez horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No suposto de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

Modelo de proposición:

D/Dª..... con domicilio en....., rúa..... nº..... teléfono..... con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa)....., actuando en nome propio/ou en representación de ....., DNI ou CIF nº..... e con domicilio no lugar....., teléfono....., toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da execución da consultoría e asistencia consistente en ..... e fai constar:

1. Que ofrece o prezo de..... pesetas (IVE incluído), que significa unha baixa de..... pesetas, en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En....., o..... de..... de 2001.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre A, Oferta económica.

Modelo de sobre B, Personalidade xurídica e xustificantes.

Modelo de sobre C, Referencias técnicas.

Proposición para tomar parte na contratación da consultoría e asistencia técnica para a redacción do proxecto de..... presentada por.....

En....., o..... de..... de 2001.

O licitador (asinado e rubricado)

Expediente: o expediente e prego de condicións atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e horas de presentación de proposicións.

Boiro, 13 de agosto de 2001.

O alcalde

Rubricado