Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión ordinaria que tivo lugar o día 24 de abril de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de estudio de detalle da UA 12, promovido por Ramón Varela Lafuente, en representación da Agrupación de Propietarios da UA 12 (expediente 19/2001.PED), o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva o presente de notificación, coa finalidade e alcance que se consideran no punto 4º do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 4 de maio de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde