Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2001 pola que se anuncia o sometemento a información pública da modificación do aproveitamento hidroeléctrico no río Landro, nos concellos de Ourol e Muras, promovido por Hidroeléctrica de Ourol, S.L. (Expediente. 17/038/11).

Mediante Resolución do 24 de xuño de 1999, o presidente de Augas de Galicia resolveu outorgar unha concesión e autorización administrativa para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico no río Landro, nos concellos de Ourol e Muras (Lugo), á sociedade Hidroeléctrica de Ourol, S.L. A dita resolución foi publicada no BOP de Lugo o día 16 de setembro de 1999.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu a correspondente declaración de efectos ambientais mediante Resolución do 4 de agosto de 1998.

O día 29 de setembro de 2000 a sociedade Hidroeléctrica de Ourol, S.L. solicita unha modificación do índice concesional do aproveitamento hidroeléc

trico maior do 10%. O anuncio de competencia de proxectos foi publicado no BOP de Lugo o día 28 de novembro de 2000, presentándose unicamente a petición de Hidroeléctrica de Ourol, S.L., e xunto con ela o proxecto constructivo correspondente á modificación solicitada.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbense as características principais da modificación solicitada, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar.

Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, que aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, e no disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, a solicitude de modificación, a documentación técnica que se trata en concreto no anexo e o estudio de efectos ambientais correspondente, para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular por escrito cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións coiden procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento), persoalmente ou por medio do seu representante con poder

suficiente, perante o rexistro de Augas de Galicia. Praza Camilo Díaz Valiño s/n. 15781. Santiago de Compostelae dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da última das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Lugo. Transcorrido o dito período de tempo, non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.

Para os expresados efectos, este anuncio, alén da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e Muras (Lugo).

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos ó seu dispor o proxecto das obras constitutivas do aproveitamento e o estudio de efectos ambientais para que poida ser examinada, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

-Proxecto constructivo correspondente á modificación do aproveitamento:

* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia, Praza Camilo Díaz Valiño s/n. 15781. Santiago de Compostela.

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Estudio de efectos ambientais correspondente á modificación:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial de Medio Ambiente de Lugo: Ronda da Muralla, 197-27002 Lugo.

* Concello de Ourol: Estrada Xeral s/n. 27865 Ourol (Lugo).

* Concello de Muras: Praza do Concello, 3. 27836 Muras (Lugo).

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2001.

Agustín Hernández-Fernández de Rojas

Presidente del organismo autónomo

Aguas de Galicia

ANEXO

Resumo de características

Peticionario da modificación: Hidroeléctrica de Ouros, S.L.

Domicilio: Concello de Ourol. Estrada xeral s/n. 27865 Ourol (Lugo).

Representante: Guillermo Salgueiro Abad.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no río Landro.

-Os aspectos máis destacados da modificación son:

* Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

* Caudal máximo derivado do río Landro: 2.800 l/sg. (Proponse unha captación no regato Coruxos dun máximo de 1.200 l/sg, que se transvasarán ó río Landro).

* Correntes de derivación: Río Landro (cota do aliviadoiro do azude: 577) e regato Coruxos (cota do aliviadoiro do azude: 583,5).

* Corrente de restitución: Río Landro (cota de restitución ó leito: 181,5).

* Desnivel (tramo ocupado): 395,5 m no río Landro, e, no regato Coruxos, desde a cota 583,5 m.s.n.m. ata a cota da súa confluencia co río Landro.

* Altura do azude (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces): 4,3 metros (azude no río Landro) e 1,7 metros (azude no regato Coruxos).

* Potencia total xeradores: 1.800 kVA e 8.200 kVA (=10.000 kVA).

* Termos municipais onde radican as tomas e demais obras: concellos de Ourol e Muras (Lugo).

-Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma no regato Coruxos:

Parte do caudal concesional derivará do regato Coruxos mediante un azude de derivación de dobre

vertedoiro (con cotas de coroación 583,5 e 583,3) e planta recta, situado no leito á cota 583. O azude será de formigón. A lonxitude de coroación do azude é de 11 m.

Entre ámbolos dous vertedoiros existe unha canle que desemboca, mediante outro vertedoiro, nunha cámara de carga, situada na marxe esquerda do azude, que conecta coa tubería de derivación do auga ata o río Landro.

Na marxe dereita deste azude construirase unha escada de peixes.

Azude e obra de toma no Landro:

O azude no río Landro, será de gravidade de planta curva, e construirase de formigón en masa. A cota do vertedoiro, que coincide coa cota de coroación, é a 577,0, sendo a lonxitude total de coroación de 32,03 metros.

A cota do leito, no punto onde se sitúa o azude é a 574,56, e a cota de alicerces a 572,7 polo que a máxima altura do azude é de 4,3 metros.

A toma sitúase na marxe esquerda, e disporase dun areeiro de 27 m de lonxitude, 4 de largo e altura variable. O muro da cemba dereito deste elemento funciona como aliviadoiro xunto co perfil Creager co que dota o azude.

Non se disporá de escada de peixes, xa que augas abaixo do azude existe unha fervenza de máis de 5 metros de alto. Para desaugar o caudal ecolóxico colocarase unha escotadura, asegurando a saída del mediante unha sonda.

Tubo de derivación:

Parte da cámara de carga que se constrúe no azude do regato Coruxos discorre pola marxe esquerda ata a súa saída ó río Landro á cota 577,7 mediante un desaugadoiro de forma de caixón de formigón. O diámetro exterior é de 914 mm sendo capaz de transportar un caudal máximo de 1.200 l/s.

A lonxitude total deste tubo é de 1272,01 metros.

Tubo forzado:

Este tubo parte da marxe esquerda do azude situado no río Landro mediante unha embocadura abuguinada e cunha válvula de bolboreta para a súa obturación.

O trazado do tubo será en gabia en todo o seu percorrido e terá unha lonxitude total de 7.792,43 metros, con diámetro exterior de 1.321 mm os primeiros 6.346 m e 1.270 mm ata o final.

Edificio da central:

Será de planta rectangular, cunhas dimensións de 23,8 x 13,64, estando a soleira á cota 184,9 m.s.n.m. e unha altura ata as vigas carrileiras da ponte-guindastre de 6,10 metros sobre a soleira. O edificio construirase de formigón HA-25 armado con aceiro, estando revestido exteriormente con pedra granítica e paneis de madeira.

Maquinaria e instalacións:

-Grupo I: constará dunha turbina tipo Pelton de dous inxectores e eixe horizontal, con caudal nominal

de 500 l/s, salto neto de 375,06 m, velocidade nominal de 1.000 rpm. Empatado a ela vai un xerador síncrono de eixo horizontal de velocidade nominal de 1.000 rpm e potencia aparente 1.800 kVA.

-Grupo II: constará dunha turbina tipo Pelton de catro inxectores e eixe vertical, con caudal de nominal de 2.300 l/s, salto neto de 375,01 m, velocidade nominal de 750 rpm. Empatado a ela vai un xerador síncrono de eixe vertical de velocidade nominal de 1.000 rpm e potencia aparente 8.200 kVA.

-Transformador de tipo trifásico, cunha potencia de 11.000 kVA.

-Servicios auxiliares.

Accesos:

Para o acceso ó azude do regato Coruxos, amplíase e mellórase un camiño existente de 207 metros de lonxitude que parte da estrada provincial 65-2 e chega ata o dito azude.

O acceso ó azude do río Landro, realízase mediante un camiño de 921,8 metros de lonxitude e que na súa maior parte será de nova construcción, que discorrerá paralelo ó tubo forzado.

Por último, para acceder á casa de máquinas emprégase un camiño que chega ata a localidade de Anxeriz, sendo necesario construír 815 metros novos.

* Estudio de efectos ambientais:

Este estudio presentouse conforme a normativa aplicable.