En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación para Tratamentos Integrados no Viñedo A Irmandade dos Riveiraos que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: interprovincial (Lugo e Ourense).
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións vitivinícolas situadas no ámbito da denominación de orixe da Ribeira Sacra.
Asinan a acta de constitución: José Antonio Delgado Vázquez e cinco persoas máis.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2001.
José Vázquez Portomeñe
Director xeral de Relacións Laborais