De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 14-1-1999), notifícaselle á persoa que de seguido se relaciona, o acordo de iniciación da delegación provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo relativo ó expediente sancionador en materia de turismo número PO-58/2001, incoado ó titular do café-bar denominado Cunninghan's, situado na rúa Areal, 78, de Vigo, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.
Os interesados disporán dun prazo de quince días, conforme o establecido no artigo 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, contados a partir do seguinte o da súa publicación, para presentar ante o instructor do expediente, cantas alegacións, documentos, ou informacións estimen convenientes, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.
De non formular alegacións no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da súa publicación, o acordo de iniciación considerarase proposta de resolución, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
Expediente: PO-58/2001.
Instructor: Mª de los Ángeles Herrero Pérez.
Infractor: Serpentine, S.L.
Establecemento: café-bar Cunnighan's.
Domicilio: rúa Areal, 78.
Localidade: Vigo.
Acordo de iniciación: 6 de xuño de 2001.
Precepto infrinxido: artigo 87.7º da Lei 9/1997.
Sanción: multa de cen mil unha (100.001) pesetas.
Pontevedra, 5 de xullo de 2001.
Pilar Rojo Noguera
Delegada provincial de Pontevedra