Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.
Domicilio social: Igrexa, 14, 36201 Ponte Caldelas.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. urbanización Pazos.
Situación: Ponte Caldelas.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 10 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde a
L.M.T. Pazos-Ponte Caldelas ata o C.T. que se proxecta na urbanización Pazos, non concello de Ponte Caldelas. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380 V. R.B.T., aérea, de 1.164 m de lonxitude, con conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 25 de maio de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra