De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido en Monte 7, A Illa de Arousa, Pontevedra, a resolución do expediente sancionador número 320/2000, que lle foi incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra a Asunción Diz, pola comisión dunha infracción á Lei de estradas de Galicia (en diante LEG), da que a súa parte dispositiva dí:
Un.-Declarar a Asunción Diz responsable da comisión dunha infracción grave tipificada no artigo 43.3º b LEG.
Dous.-Impoñerlle sanción de 50.000 pesetas (cincuenta mil pesetas), e unha indemnización de 278.533 pesetas (duascentas setenta e oito mil cincocentas trinta e tres pesetas).
Tres.-Ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción nun prazo de 15 días, desde a notificación da presente resolución (artigo 47.3º LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4º LEG), e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde a recepción da presente notificación de acordo co disposto no artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2001.
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda