Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.369

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Anuncio do 30 de maio de 2001, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan requirimentos de documentación pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Jesús Varela Nespereira e cinco máis).

Advertido erro no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 129, do mércores, 4 de xullo de 2001, cómpre realiza-la oportuna corrección:

Na táboa do anexo, na columna da dereita, nos dous últimos expedientes, onde di: «Requirimento sucesións. Exp. 1379/01» e «Requirimento sucesións. Exp. 5795/00», debe dicir: «Requirimento transmisións. Exp. 1379/01» e «Requirimento transmisións. Exp. 5795/00».