A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000875/2001, interposto pola Confederación Intersindical Galega (CIG) contra o Decreto 71/2001, do 22 de marzo de 2001, polo que se aproba o Regulamento do persoal funcionario destinado nas confrarías de pescadores (Diario Oficial de Galicia nº 69, do 6 de abril).
En consecuencia, esta consellería acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2001.
P.D. (Resolución 17-12-1997,
DOG nº 246, do 22 de decembro)
Miguel Ángel López Sieiro
Secretario xeral da Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura