Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.347

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2001 pola que se adxudican as axudas para a realización de proxectos de investigación e as prórrogas de bolsas de predoutoramento correspondentes ó programa de biotecnoloxías do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico convocados nos anexos I, II e III da Orde do 27 de febreiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 7 de marzo).

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 27 de febreiro de 2001 (DOG do 7 de marzo) aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para grupos de investigación que traballen en investigación aplicada en biotecnoloxías (anexo I), axudas para a realización de proxectos de investigación empresarial en temas de biotecnoloxía (anexo II) e prórrogas das bolsas de predoutoramento para a realización de teses de doutoramento en temas de biotecnoloxías.

Nas bases 6, 8 e 6 dos anexos I, II e III, respectivamente, da mencionada orde de convocatoria, determinábanse os criterios de selección que deberían ter en conta os membros das respectivas comisións que serán designadas polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada polas citadas comisións,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder axudas para a realización de proxectos de investigación ás persoas que se relacionan no anexo I da presente resolución nas contías que se sinalan e polo período de tempo indicado, que en cada caso se computa a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia. Aqueles proxectos que figuran no citado anexo con autorización para contratar per

soal deberán realiza-la dita contratación conforme as normas establecidas nas bases da convocatoria.

Segundo.-Conceder axuda para a realización de proxectos de investigación empresarial en temas de biotecnoloxía ás empresas que se citan no anexo II da presente resolución, na cuantía e por as anualidades que se sinalan.

Terceiro.-Concederlles prórroga das bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de biotecnoloxía durante o período do 1 de outubro de 2001 ó 31 de marzo de 2002 (ambos incluídos), ás persoas que se relacionan no anexo III da presente resolución.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 27 de febreiro de 2001 (DOG do 7 de marzo), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no plazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2001.

P.D. (Orde 27-2-2001)

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento

ANEXO I

INVESTIGADOR PRINCIPALCÓDIGO DA AXUDATÍTULOPERSOALANOS2001

(MILES PTAS.)

2002

(MILES PTAS.)

2003

(MILES PTAS.)

2004

(MILES PTAS.)

TOTAIS

(MILES PTAS.)

FERREIROS DOMINGUEZ, CARLOSPGIDT01BIO20301PRANALISE DO PROTEOMA DE NEISSERIA MENINXITE E DE NEISSERIA COMENALES PARA A DETECCION DE ANTIXENOS RESPONSABLES DA INMUNIDADE NATURAL UTILES NO DESENVOLVEMENTO DE VACINAS CONTRA A MENINXITE MENINGOCOCICA DO SEROGRUPO BSI33.4303.8003.5001.70012.430

GONZALEZ VILLA, TOMASPGIDT01BIO20302PRMELLORA E EXPLOTACION EN ALIMENTACION ANIMAL DUNHA NOVA BACTERIA -Gordonia Jacobea- SUPERPRODUCTORA DE CANTAXANTINASI36.1504.0003.5001.75015.400

ANEXO II

INVESTIGADOR PRINCIPALCÓDIGO DA AXUDATÍTULOPERSOALANOS2001

(MILES PTAS.)

2002

(MILES PTAS.)

2003

(MILES PTAS.)

2004

(MILES PTAS.)

TOTAIS

(MILES PTAS.)

% SUBVENCIÓN

SOBRE O TOTAL

SUBVENCIONABLE

DO PROXECTO

BIONOVAPGIDT01BIO01ERECUBRIMENTO NATURAL DE QUEIXOS PARA PROTEXE-LA SUPERFICIE DO CRECEMENTO DE FUNGOSSI14.0002.1506.15050%

INVESTIGADOR PRINCIPALCÓDIGO DA AXUDATÍTULOPERSOALANOS2001

(MILES PTAS.)

2002

(MILES PTAS.)

2003

(MILES PTAS.)

2004

(MILES PTAS.)

TOTAIS

(MILES PTAS.)

% SUBVENCIÓN

SOBRE O TOTAL

SUBVENCIONABLE

DO PROXECTO

GINEBASE, S.L.PGIDT01BIO02EDESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS BIOTECNOLOXICOS PARA AVALIA-LA INTEGRIDADE DO MATERIAL XENETICO EN ESPERMATOZOIDES HUMANOS, EN DIFERENTES NIVEIS DE MADURACION: APLICACION O DIAGNOSTICO E TRATAMENTO DA INFERTILIDADENON32.5002.9009804006.78062,5%

INNAVES, S.A.PGIDT01BIO03EPRODUCCION CONXUNTA OPTIMIZADA DE BACTERIOCINAS E BACTERIAS LACTICAS A ESCALA DE PRANTA PILOTOSI22.8004.6001.8009.20050%

ANEXO III

BOLSEIRONIF

SANDE LANDEIRA, ESTHER35462061-V

PADRO CASTRO, Mª JESUS32645044-V