Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 23 de agosto de 2001 Páx. 11.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, en sesión do 31 de xullo de 2001, adoptou o seguinte acordo:

1. Aproba-lo anexo ó proxecto de desdobramento da LC-211, no que se describen os terreos que é necesario ocupar para a súa execución, adscritos ó dominio público ferroviario.

2. Somete-lo citado anexo a información pública polo prazo de 15 días, de conformidade e para os efectos nos artigos 18 e 19, respectivamente, da Lei de expropiación forzosa.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 7 de agosto de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde en funcións