Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 23 de agosto de 2001 Páx. 11.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a resolución emitida pola Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia de data 25-6-2001 referente á declaración de condición mineral natural das augas do manancial San Xens, sito na parroquia de Bamio, do termo municipal de Vilagarcía de Arousa (provincia de Pontevedra).

Vista a solicitude de declaración da condición de mineral natural das augas do manancial San Xens, sito na parroquia de Bamio, termo municipal de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), instado por Disbepo, S.L.

O expediente conta co preceptivo informe favorable da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra informa favorablemente a solicitude de referencia.

Na tramitación do expediente cumpríronse tódolos preceptos contidos na Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulamento das augas minerais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei 22/1993, do 21 de xullo, de minas, e o Regulamento xeral para o réxime da minería, aprobado polo Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto e demais normativa específica que resulte de aplicación, e no artigo 39 do citado regulamento.

A consellería, de acordo co que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuidas, resolveu declara-la condición de mineral natural das augas do manancial de San Xens sito en Bamio, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Polo anterior e unha vez declarada a condición de mineral natural das augas do manancial San Xens, debe de abandona-lo interesado a cualificación como auga manancial para os efectos de envasado e comercialización.

Pontevedra, 9 de xullo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra