Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 23 de agosto de 2001 Páx. 11.293

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de xullo de 2001 pola que se autoriza o cambio de denominación do instituto de educación secundaria da Pastoriza, A Pastoriza (Lugo).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do anexo do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba

o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: A Pastoriza.

Localidade: A Pastoriza.

Código do centro: 27016716.

Denominación: instituto de educación secundaria da Pastoriza.

Nova denominación: instituto de educación secundaria Fonmiñá.