Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.233

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-110/2001, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinando para estes efectos o importe da sanción.

O pago voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 3 de xullo de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-110/2001.

Denunciado: Ricardo Rey Mariño (DNI 33261641-F).

Último enderezo coñecido: r/ Lagares, nº 73, Monforte de Lemos, Lugo.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca fluvial con cana nun tramo acoutado (couto de Begonte) sen estar en posesión do permiso regulamentario. Feitos constatados o día 3-5-2001 ás 13.30 h no río Ladra-Castro, Begonte, Lugo.

Precepto sancionador: 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 50.001 pesetas de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio de esta actividade por un período dun ano.