Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 22 de agosto de 2001 Páx. 11.225

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (268/2001).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 268/2001, por instancia de José Luis Capelán Moar, contra M. Almudena Vázquez García, Cafetería S-11, sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 4-7-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a demanda formulada por José-Luis Capelán Moar, contra a empresa M. Almudena Vázquez García, Cafetería S-11, condeno a esta

a aboarlle a cantidade de 183.147 pesetas que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa M. Almudena Vázquez García, Cafetería S-11, expido e asino esta cédula na Coruña o 4 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado