Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 21 de agosto de 2001 Páx. 11.204

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia, Televisión de Galicia, S.A. e Radiotelevisión de Galicia, S.A. fan solicitude pública de ofertas para os seguintes expedientes de contratación:

Nº de expediente: 01338C.

Obxecto da contratación: subministración da ampliación de almacenamento para os Compaq Alphaserver DS20 de Xestión.

Nº de expediente: 01355C.

Obxecto da contratación: subministración dun sistema de seguridade para a rede de datos da CRTVG e as súas sociedades.

Nº de expediente: 01363 TR.

Obxecto da contratación: subministración de enerxía eléctrica para TVG, S.A. e RTG, S.A.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados en días e horas de oficina (de 8 a 14 horas, en días laborables) no Servicio Común de Compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, sita no centro emisor de San Marcos, Santiago de Compostela.

Prazo de presentación de ofertas: o prazo para a presentación das proposicións será de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. As proposicións presentaranse no rexistro xeral da CRTVG en horario de 8 a 14 horas, días laborables.

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios).

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2001.

P.A.

Manuel Vázquez Vieites

Director xerente económico-administrativo