Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.156

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 18 de xuño de 2001, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación de parcela no lugar do Pedroso nº 52 (polígono industrial de Bamio), redactado polo arquitecto Alberto Redondo Porto e promovido por Maderas J. Redondo, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público nas oficinas municipais de secretaría, durante o prazo dun

mes, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 21 de xuño de 2001.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde