Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/83).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. nº 18, instituto de Boiro.

Situación: Boiro.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV de 270 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 12/20 kV, de

240 mm Al, que parte da L.M.T.S. de edificio España a C.T. avda. Constitución, con entrada e saída no novo C.T. nº 18 (instituto de Boiro) de 250 kVA prefabricado, no concello de Boiro.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial, resuelve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no proxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 27 de xullo de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña