Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2001 pola que se convoca concurso público, declarado de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense dependente desta consellería. (Expediente 2/2001 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 2/2001 SE.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense, dependente desta consellería.

b) Lugar de execución: Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense.

c) Prazo de execución: desde o 15 de setembro de 2001 ata o 15 de setembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 13.500.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: rúa Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=694.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o oitavo día contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o cuarto día hábil contado desde o día seguinte á finalización do prazo para presentar ofertas, ás 12 horas.

9. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2001.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e

Ordenación Universitaria