Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.137

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso público aberto de subministración dunha fotocopiadora dixital.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública por proposta da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, convoca o seguinte concurso público aberto, conforme o disposto na Lei de contratos das administracións públicas e demais lexislación concordante.

Obxecto do contrato.

Subministración dunha fotocopiadora dixital, coas características que se expresan no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

O orzamento máximo para a realización da citada subministración, IVE incluído, será de 3.000.000 de pesetas (18.030,36 euros) con cargo á aplicación orzamentaria 04.08.361A.625.1. Neste orzamento estarán incluídos os impostos e demais gastos inherentes a ela.

Garantías.

-Provisional: 2% do orzamento de licitación 60.000 pesetas (360,61 euros).

-Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

-Clasificación e categoría: non se esixe.

Presentación de oferta.

a) Prazo: comezará o día seguinte ó da data da publicación desta resolución e rematará ás 14 horas do décimo quinto día natural, seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en día inhábil, o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día seguinte hábil.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán as súas ofertas en tres sobres pechados (1, 2, 3) e xúntanse os documentos previstos no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: a documentación que hai que presentar entregarase no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou no da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos (San Caetano-Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios admitidos polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, segundo Real decreto 1528/1986, do 28 de novembro.

d) Modelo de proposición: proposición económica formalizarase conforme o modelo que se xunta como anexo I (modelo de proposición) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións.

Será realizada pola mesa de contratación na sala desta secretaría xeral, sita na Consellería da Presidencia e Administración Pública, ás 13 horas do oitavo día hábil seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Os documentos de interese para os licitadores, tanto o prego de cláusulas administrativas particulares como o de prescripcións técnicas e demais documentación complementaria, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións nos día e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, sita nas dependencias do Pazo de Raxoi, en horario de 9 a 14 horas. Teléfono de aclaracións: 981 54 12 05.

Anuncios.

O custo do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Jesús Parga López

Secretario xeral para as Relacións

cos Medios Informativos