Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 20 de agosto de 2001 Páx. 11.082

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 30 de xullo de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no Decreto 122/2001, do 18 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial así como do persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001 (DOG nº 106, do 1 de xuño), esta consellería, no uso das

competencias que lle atribúe o artigo 10 do III Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia,

DISPÓN:

I. Normas xerais.

I.1. Convócase proceso selectivo para o acceso ás categorías do grupo I que figuran no anexo I da presente convocatoria.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna e cambio de categoría, de se-lo caso, e ó sistema de acceso libre será, para cada categoría, o reflectido no anexo I, sendo en todo caso dun 50% para a quenda de promoción interna e tendo en conta que, cando o resultado da aplicación da citada porcentaxe dea un resto igual ou superior a 0,5, se computará como unha praza para incluír en tal cota.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia segundo redacción dada pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, e co Decreto 122/2001, do 18 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial así como do persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001 (DOG nº 106, do 1 de xuño), do total de prazas reservarase, de se-lo caso, en cada categoría o número de prazas que constan no citado anexo I, para seren cuberta/s por persoa/s con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

Os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición xunto coa súa solicitude mediante certificación de compatibilidade coas funcións da categoría dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e, se é o caso, da Administración correspondente.

No suposto de que tal/es praza/s non sexa/n cuberta/s por persoa/s coa minusvalidez correspondente, pasará/n a integrarse nas restantes prazas correspondentes ó sistema de acceso libre.

I.1.3. As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna e cambio de categoría acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.4. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas respecto de cada categoría.

I.1.5. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable o disposto nos artigos 8 e seguintes do III Convenio colectivo único e demais normas concordantes, así coma o disposto na presente convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna e cambio de categoría:

I.2.2.1. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título académico que para cada categoría figura no anexo I.

I.2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser persoal laboral fixo da Administración da Xunta de Galicia e pertencer, o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a algunha das categorías integradas nos grupos I ou II do III Convenio colectivo único, agás o persoal ó que se refire a disposición adicional sexta do dito convenio, e vir desempeñando efectivamente a súa categoría de orixe durante, polo menos, dous anos, así como posuí-los requisitos requiridos para o acceso á categoría á que se opta.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Ser español ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega, ou nacional da República de Islandia.

Tamén poderán participar o cónxuxe, ascendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da dita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros estados cando así se prevexa nos tratados internacionais subscritos pola Comunidade Europea e ratificados por España.

I.2.3.2. Ter cumpridos os dezaoito anos.

I.2.3.3. Estar en posesión ou en condicións de obte-lo título académico e requisitos que para cada categoría figuran no anexo I.

I.2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2 e I.2.3 deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no presente proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia (anexo II) que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia á que se fai referencia na base I.3.2. Á instancia xuntarase fotocopia do documento nacional de identidade, xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente e a certificación e documentación á que se refire a base II.1.3.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 31 da Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001, polo que se elevan os tipos das taxas de contía fixa establecidos no Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, como requisito

necesario para participar neste proceso, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 7.755 pesetas e, se é o caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación sinalado no anexo V. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia, debendo cubrirse cos códigos que figuran no referido anexo V. Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando orixinal ou copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A non presentación deste anexo, no que figurará o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste anexo suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude (anexo II).

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, e oficinas de correos nas condicións a que se refire o artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do día 1 de outubro de 2001 inclusive, e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas polos españois no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

Para calquera aclaración ou información adicional os interesados poderán poñerse en contacto telefónico, no número 902 12 00 12, de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 os sábados.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria. Todo iso conforme o contido do disposto na Lei 13/1982, do 7 de abril e o artigo 4 do Decreto 122/2001, do 18 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de corpos e escalas de Administración xeral e especial así como do persoal laboral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

Estes requisitos tamén os deberán cumprir, se é o caso, os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, a que se refire a base I.1.2. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.3.4. Os erros de feito que puideran advertirse poderán repararse en calquera momento, de oficio ou por petición do interesado.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución, que se publicará no DOG así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se encontran expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación, ou desestimación de ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a lista definitiva.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente orde. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que no posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

II. Concurso-oposición:

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

II.1. Fase de concurso.

II.1.1. Para o acceso mediante promoción interna e cambio de categoría:

II.1.1.1. Experiencia profesional:

a) Por servicios prestados na categoría á que se opta no ámbito do Convenio único da Xunta de Galicia: 0,05 puntos/mes.

b) Por servicios prestados correspondentes a outras categorías no ámbito do Convenio único da Xunta de Galicia, ou ben por servicios prestados no réxime especial agrario na Xunta de Galicia: 0,02 puntos/mes.

c) Por servicios prestados na categoría á que se opta no Sergas e noutras administracións públicas: 0,02 puntos/mes.

d) Por servicios prestados noutras categorías no Sergas e noutras administracións públicas, e na Xunta se o contratado laboral cotizase no réxime especial agrario: 0,01 puntos/mes.

A puntuación máxima acadable neste punto II.1.1.1. será de 7,50 puntos.

II.1.1.2. Formación profesional:

Por cada curso directamente relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta e impartidos

por organismos oficiais dependentes de calquera das administracións públicas ou homologados pola EGAP:

-Ata as primeiras 25 horas: 0,1 puntos.

-Por cada hora que exceda ese nº: 0,01 puntos por hora.

Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

Por impartición de cursos directamente relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta e realizados por organismos oficiais dependentes de calquera das administracións públicas ou homologados pola EGAP:

-Ata as primeiras 25 horas: 0,1 puntos.

-Por cada hora que exceda ese nº: 0,01 puntos por hora.

Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

Por publicacións de libros con ISBN, directamente relacionadas coas funcións propias da categoría á que opta. Cada libro: 0,50 puntos.

Por publicación de artigos en revistas especializadas relacionadas coas funcións propias das categorías ás que se opta. Cada artigo: 0,20 puntos.

A puntuación máxima acadable no punto II.1.1.2 será de 7,50 puntos.

II.1.1.3. A puntuación obtida na fase de concurso non poderá supera-los 15 puntos, sumados os epígrafes II.1.1.1 e II.1.1.2.

II.1.1.4. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con posterioridade á publicación das cualificacións do último exercicio da fase de oposición.

II.1.2. Para o acceso libre.

II.1.2.1. Experiencia profesional:

a) Polo exercicio da categoría profesional á que se opta na Xunta de Galicia no ámbito do Convenio único, tendo en conta, para estes efectos, o disposto na disposición transitoria cuarta do dito convenio: 0,10 puntos/mes.

b) Por servicios prestados correspondentes a outras categorías no ámbito do Convenio único da Xunta de Galicia, ou ben por servicios prestados no réxime especial agrario na Xunta de Galicia: 0,05 puntos/mes.

c) Por servicios prestados na categoría á que se opta no Sergas e noutras administracións públicas: 0,05 puntos/mes.

d) Polo exercicio da categoría profesional á que se opta en empresas privadas: 0,01 puntos/mes.

A puntuación máxima neste epígrafe será de 7,50 puntos.

II.1.2.2. Formación profesional:

Por cada curso directamente relacionado coas funcións propias das categorías á que se opta e impartido

por organismos oficiais dependentes de calquera Administración pública ou homologados pola EGAP:

-Ata as primeiras 25 horas: 0,1 puntos.

-Por cada hora que exceda ese número: 0,01 puntos por hora.

Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

Por impartición de cursos directamente relacionados coas funcións propias da categoría á que se opta e realizados por organismos oficiais dependentes de calquera das administracións públicas ou homologados pola EGAP:

-Ata as primeiras 25 horas: 0,1 puntos.

-Por cada hora que exceda ese número: 0,01 puntos por hora.

Se non se acredita a duración entenderase de ata 25 horas.

Por publicacións de libros con ISBN, directamente relacionadas coas funcións propias da categoría á que opta. Cada libro: 0,50 puntos.

Por publicación de artigos en revistas especializadas relacionadas coas funcións propias das categorías ás que se opta. Cada artigo: 0,20 puntos.

A puntuación máxima acadable no punto II.1.2.2. será de 7,50 puntos.

II.1.2.3. Para supostos de empate nas puntuacións finais dos aspirantes, aquel dirimirase a favor do aspirante que obtivera a puntuación máis alta no primeiro exercicio, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que aquel se dirima. De persisti-lo empate resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e atendendo á orde dos méritos segundo figura na base II.1.1. Por último, e de seguir persistindo o empate, resolverase pola orde alfabética resultante do sorteo resolto e publicado pola resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de febreiro de 2001 (DOG nº 39, do 23 de febreiro).

II.1.2.4. A puntuación obtida na fase de concurso no poderá supera-los 15 puntos, sumados os epígrafes II.1.2.1. e II.1.2.2.

II.1.3. Os méritos enumerados nas bases II.1.1 e II.1.2 deberán referirse á data da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os méritos, requisitos e datos imprescindibles a que se refiren os epígrafes anteriores, deberán acreditarse mediante certificado, segundo o modelo que figura como anexos III e IV a esta orde, que deberá ser expedido por:

-Servicios centrais:

-Secretario xeral, subdirector xeral ou xefes de servicio que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral da última consellería onde prestou ou estea a prestar servicios, ou dos seus organismos autónomos.

-Servicios periféricos:

-Secretarios/as ou, de se-lo caso, funcionario/a responsable da área de persoal das delegacións/direccións territoriais, provinciais ou comarcais da última consellería onde prestou ou estea a prestar servicios, ou dos seus organismos autónomos.

-Outras administracións públicas ou empresas privadas:

-O responsable de persoal respectivo.

Xunto co certificado (modelo do anexo III ou IV segundo o caso) achegarase documentación acreditativa dos méritos nel reflectidos. Os documentos que se deberán presentar no caso de servicios prestados en empresas privadas e en administracións públicas, que non sexan a da Xunta de Galicia (base II.1.1.1.a e b e II.1.2.1.a e b desta convocatoria) ou do Sergas, deben ser necesariamente: copia cotexada do/s contrato/s orixinario/s xunto con informe de vida laboral expedido pola Tesorería Xeral da Seguridade Social.

Non se terán en conta as certificacións que non se axusten ó establecido nos epígrafes anteriores.

En calquera dos casos será necesario achegar documentación acreditativa dos méritos reflectidos na certificación.

II.1.4. As puntuacións obtidas na fase de concurso faranse públicas con posterioridade á publicación das cualificacións do último exercicio da fase de oposición.

II.2. Fase de oposición:

Os programas que han de rexe-las probas selectivas son os que figuraron como anexo da Orde do 7 de xuño de 2001 pola que se aproban os temarios que rexerán nos programas das probas selectivas para o acceso a determinadas categorías do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG nº 121 do 22 de xuño).

II.2.1. Exercicios para o sistema de acceso por promoción interna e cambio de categoría:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un grupo de 100 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por aquel, e relativos ó contido da parte específica do programa correspondente a cada categoría.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de dúas (2) horas.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ó remate del.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó da realización farase público, no lugar de realización do exercicio, o modelo coas respostas correctas do test.

Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixida para acada-la puntuación

mínima. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: os aspirantes, no prazo máximo de catro (4) horas deberán desenvolver por escrito dous temas, para elixir entre catro, obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman o contido da parte específica do programa correspondente a cada categoría.

As contestacións a este exercicio cualificaranse de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:

c.1. Na resolución de dous supostos prácticos relacionados coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría ou

c.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

As modalidades c.1 ou c.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.

Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo de catro (4) horas para os supostos prácticos ou, no caso de proba práctica, o sinalado no anexo I.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

d) Cuarto exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-la cualificación de apto, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixido para acada-lo resultado de apto.

Os resultados publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

Estarán exentos da realización do cuarto exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego. Tal acreditación poderase presentar ata os 10 días seguintes á publicación das notas do terceiro exercicio.

II.2.1.1. As puntuacións de tódolos exercicios publicaranse, alomenos, nos taboleiros de anuncios do local onde se celebre cada exercicio.

II.2.2. Exercicios para o sistema de acceso libre:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un grupo de 100 preguntas tipo test con respostas alternativas propostas polo tribunal, que será o resultante do sorteo entre tres cuestionarios elaborados previamente por aquel e relativos ó contido da parte xeral e específica do programa correspondente a cada categoría. A porcentaxe máxima de preguntas correspondentes á parte xeral do temario será do 30% do total de preguntas.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de dúas (2) horas.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ó remate del.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó da realización farase pública, no lugar de realización do exercicio, o modelo coas respostas correctas do test.

Cualificarase de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: os aspirantes, no prazo máximo de cinco (5) horas, deberán desenvolver por escrito tres temas, obtidos mediante sorteo polo tribunal, un deles, para elixir de entre dous, correspondente á parte xeral e dous, para elixir de entre catro, correspondentes á parte específica do programa de cada categoría.

As contestacións a este exercicio cualificaranse de 0 a 20 puntos, sendo necesario para superalo obter como mínimo 10 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio, consistirá:

c.1. Na resolución de dous supostos prácticos relacionados coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría ou

c.2. Nunha proba práctica relacionada coas materias relativas á parte específica do programa correspondente a cada categoría.

As modalidades c.1 ou c.2 aplicaranse para cada categoría segundo o fixado no anexo I.

Para a realización deste exercicio disporase dun tempo máximo de catro (4) horas para os supostos prácticos ou, no caso de proba práctica, o sinalado no anexo I.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de

coñecementos esixidos para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

d) Cuarto exercicio, de carácter eliminatorio, constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio cualificarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-la cualificación de apto, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para acada-lo resultado de apto.

Os resultados publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

Estarán exentos da realización do cuarto exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de perfeccionamento de galego. Tal acreditación poderase presentar ata os 10 días seguintes á publicación das notas do terceiro exercicio.

II.2.2.1. As puntuacións de tódolos exercicios publicaranse, alomenos, nos taboleiros de anuncios do local onde se realice cada exercicio.

II.2.3. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán presentarse provistos do correspondente lapis nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

II.2.4. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores, membros do tribunal e os colaboradores designados por este.

II.2.5. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na fase de concurso e na da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

II.2.6. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 12.2º.4) do III Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

II.3. Desenvolvemento dos exercicios.

II.3.1. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra T, de conformidade co establecido na resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de febreiro de 2001 pola que se publica o resultado do sorteo que se refire ó Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001 (DOG nº 39, do 23 de febreiro).

II.3.2. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

II.3.3. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza.

II.3.4. A publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo e restantes exercicios será efectuado polo tribunal nos locais onde se realizase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con corenta e oito horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se realizase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.3.5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III. Tribunais.

III.1. Os tribunais cualificadores destas probas serán designados por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, de acordo co previsto no artigo 11 do III Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

A composición e requisitos dos membros dos tribunais será a prevista no artigo 11 do III Convenio colectivo único.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-las probas, por proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, se é o caso.

III.3. Os membros e asesores dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándollo ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artig 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non encontrarse incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

III.4. Con anterioridade á iniciación das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A realización da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da designación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente, cando as circunstancias así o aconsellen, os tribunais poderán acordar que a realización do exercicio nº 1 da fase de oposición teñen lugar simultaneamente en varias localidades.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes, que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes ós seus apelidos.

III.9. Ó tribunal número 1 de cada categoría/s corresponderalle xulga-los aspirantes correspondentes ó sistema de promoción interna e cambio de categoría.

III.10. Corresponderalle ó tribunal número un:

-Cursar por orde do seu presidente citación ó resto dos tribunais para constituírse nun acto conxunto.

-Mediante anuncio público no DOG e demais anuncios correspondentes, fixarase o lugar, data e hora de realización do primeiro exercicio.

-Recibi-los expedientes dos demais tribunais relativos ó transcurso das probas e respectivas propostas e eleva-la proposta definitiva de aprobados.

III.11. Co obxecto de consegui-la necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán coordinadamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación poidan ser presentados e solicitados polos restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo do cal fun

cionarán con autonomía no que se refire á selección dos aspirantes, formulando as súas propias propostas.

III.12. Por cada sesión do tribunal levantarase acta que se autorizará coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.13. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que coide pertinente, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

III.14. Os tribunais cualificadores poderán adopta-las medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidade, sen que se vulnere o principio de igualdade, gocen de similares condicións para a realización dos exercicios có resto dos demais participantes. Neste sentido poderanse establecer, para as persoas con discapacidades que o solicitan na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitasen dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polo persoal da categoría á que opta, poderán solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.15. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.16. Os tribunais que actúen nestas probas selectivas terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

III.17. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.18. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, aquel resolverase tanto para o sistema de promoción interna e cambio de categoría como para o sistema de acceso libre, a favor do aspirante que obtivera a puntuación máis alta no primeiro exercicio, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que aquel se dirima. De persisti-lo empate, resolverase acudindo á puntuación obtida na fase de concurso e atendendo á orde dos méritos segundo figura na base II.1.1 e na base II.1.2.3 respectivamente.

III.19. As comunicacións que formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano. Santiago de Compostela).

IV. Lista de aprobados.

IV.1. Rematado o proceso selectivo, o presidente do tribunal número 1 enviará proposta de aprobados ó órgano convocante, tal e como dispón o artigo 12 do III Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Con carácter excepcional poderase renunciar á participación no proceso selectivo ata a data en que o tribunal eleve a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

V. Presentación de documentos e nomeamento.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta dos tribunais de aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose no DOG, e a partir da dita publicación computarase o prazo de 15 días naturais para que os ditos aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base I.2, e anexo I ou certificación académica que acredite ter realizado tódolos estudios para a obtención do título ou, se é o caso, documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin encontrarse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

c) Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.3.4.

d) Os aspirantes con minusvalidez con grao de discapacidade igual ou superior ó 33% deberán acreditar tal condición, se obtiveran praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e, se é o caso, da Administración correspondente.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que acceden por esta cota de reserva, dictame do órgano competente sobre a compatibilidade do candidato, coas funcións propias da categoría á que accede.

V.2. Os que dentro do prazo fixado e salvo os casos de forza maior, libremente apreciada pola

Dirección Xeral da Función Pública, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducira que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados persoal laboral e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.3. Rematado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que os superasen serán nomeados persoal laboral da Xunta de Galicia na categoría que corresponda mediante resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no DOG, de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

V.4. De acordo co disposto no artigo 12.2º.3) do III Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, na resolución pola que se publique a proposta definitiva de aprobados poderán incluirse os postos vacantes que se lles oferten, con indicación dos requisitos para o seu desempeño.

VI. Norma derradeira.

Contra a presente convocatoria, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O persoal que accede pola quenda de promoción interna poderá interpoñer reclamación previa á vía xudicial laboral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, conforme os artigos 69 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Os actos administrativos que se deriven desta convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos pola Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal conforme o previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

GrupoCategoríaVacantes

promoción

interna

Vacantes

acceso

libre

Vacantes

quenda

minusválidos

Total

vacantes

3º exercicioTitulación académica requirida

I2. Titulado superior médico4307Suposto prácticoLicenciado en medicina

6. Titulado superior psicólogo64111Suposto prácticoLicenciado en psicoloxía