Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.076

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, do 9 de agosto de 2001, do Insituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, por procedemento aberto, de subministración de equipamento audiovisual.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social Inludes.

2. Obxecto: subministracións de equipamento audiovisual do Centro de Interpretación do Río Miño.

3. Orzamento: vintesete millóns duascentas oitenta e unha mil catrocentas trinta e seis (27.281.436 pesetas) (163.964,73 euros).

4. Prazo de entrega: entrega dos equipos antes do 29 de setembro de 2001, podendo realizarse a posta en marcha da programación específica ata o 15 de decembro de 2001.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: oficina de apoio.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativa particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, das 10 ás 14 horas.

8. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 182, do 9 de agosto de 2001.

Lugo, 9 de agosto de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Diputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo