Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2001 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso público aberto, dos servicios de publicidade exterior do Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación dos servicios de publicidade exterior do Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono 981 54 16 93, fax 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP 14/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Concurso público para a contratación dos servicios de publicidade exterior do Igape.

b) Prazo de execución: nas datas determinadas polo Igape, sinalándose como prazo de vixencia do contrato ata o 31 de marzo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 100.000.000 pesetas (IVE incluído) equivalentes a 601.012,104 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (2.000.000 de pesetas).

6. Clasificación: esixirase clasificación como empresa consultora ou de servicios no grupo III, subgrupo 3, categoría D.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Páxina WEB: www.xunta.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do día 17 de setembro do 2001.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama que deberá ter entrada no Igape antes da fin do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense sobre planificación de medios e prezo.

10. Apertura das ofertas: en acto público, ás 11 horas do día 24 de setembro de 2001, procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 11 horas do día 1 de outubro de 2001, procederase á apertura das ofertas económicas, ambos na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica