Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 17 de agosto de 2001 Páx. 11.058

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 13 de xullo de 2001 pola que se fai público o contido das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para os programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da Peme galega.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG nº 142, do 23 de xullo de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 10.017, onde di: «01.02.11.04.01.651; 120.202,42 euros, equivalentes a 50.000.000 de pesetas. 01.02.11.04.02.623; 300.506,05 euros, equivalentes a 20.000.000 de pesetas.», debe dicir: «01.02.11.04.01.651; 300.506,05 euros, equivalentes a 50.000.000 de pesetas. 01.02.11.04.02.623; 120.202,42 euros, equivalentes a 20.000.000 de pesetas.».

-Na páxina 10.020, punto 5.2.6 final, onde di: «... para peseta-la documentación...", debe dicir: «... para presenta-la documentación...»".

-Na páxina 10.021, punto 5.4.1.c), onde di: «... que pechase ou pechase non procederse á súa readquisición.», debe dicir: «... que pechase de non procederse á súa readquisición.».

-Na páxina 10.025, punto 13.1 final, onde di: «... documentación citada no anexo IV.», debe dicir: «... documentación citada no anexo V.».

-Na páxina 10.029, no anexo II non figura o código de procedemento, polo que se substitúe polo que figura ó final.

-Na páxina 10.035, onde di: «4. VIAXES INTERURBANAS E ALUGUER», debe dicir: «4. VIAXES INTERURBANAS E ALOXAMENTO».

-Na páxina 10.037, onde di: «4. VIAXES INTERURBANAS E ALUGUER», debe dicir: «4. VIAXES INTERURBANAS E ALOXAMENTO».